AMEIXEIRAS, DIEGO
Esta novela, narrada dende tres voces distintas, relata a historia de
Miguel Duarte, un rapaz de vinte anos chegado a Barcelona dende
Ourense que se ve involucrado na «primavera libertaria» que viviu a
cidade entre 1977 e 1978. Entre a ficción e a crónica histórica, recrea
os sucesos máis vibrantes daquela loita social desbaratada co caso
Scala.