Búsqueda de Editorial : XERAIS

394 resultados

  • O INCENDIO
    VILA ALONSO, SARA
    Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha voz...
    Disponibilidad 2-3 días

    17,95 €

  • A TETA SOBRE O SOL
    NOVO, OLGA
    Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocación: t...
    Disponibilidad 2-3 días

    12,95 €

  • UNHA GORXA CHEA DE PAXAROS
    OS CARUNCHOS
    Neste libro disco Os Carunchos renden homenaxe ao poeta Manuel María musicando unha selección dos seus poemas. Neste ano 2024, Os Carunchos celebran o seu trixésimo aniversario: trinta anos de música en galego. Cun texto de Xaneco, que fai un percorrido pola traxectoria dos Carunchos, e cun epílogo de Xurxo Souto, onde o escritor e músico fala da importancia de Manuel María par...
    Disponibilidad 2-3 días

    18,95 €

  • VERSO E ACORDE
    POMBO, ALBERTO
    Por que se buscaron a literatura galega e a música tras o golpe de Estado de 1936 Como naceu a música infantil galega Onde se sitúan as orixes do pop galego Por que a finais dos 70 o folk foi recoñecido como música celta Que papel xogaron as orquestras que tocan no campo da festa Como é a literatura galega musicada Como se conformaron na Galiza o rock, o punk, o bravú ou o heav...
    Disponibilidad 2-3 días

    20,95 €

  • DONA PROBLEMAS. SALVADORA DA ESCOLA
    EL HEMATOCRÍTICO
    Durante unha das súas misións, Carlota, Dona Problemas, ten un accidente cun mestre, e este ten que coller uns días de baixa. A substituta será, nada máis e nada menos, que A Túa Profe Riquiña, unha «influencer» especializada en educación que, ademais, expón toda a súa vida nas redes. O que podía parecer algo superdivertido, convértese nunha tortura para os estudantes, e Dona P...
    Disponibilidad 2-3 días

    12,50 €

  • ANALFABETA
    ESMORIS, ERICA
    Teño cinco anos e xa sei ler e escribir. A maioría dos meus compañeiros ten seis e non len nin escriben tan ben coma min. Mesmo hai un neno que apenas le e só escribe o seu nome. Eu chámolle analfabeto e os meus compañeiros rin. Pero el non. Tampouco se enfada. Non sabe que é o peor insulto do mundo. ...
    Disponibilidad 3-10 días

    15,95 €

  • O CONCURSO DOS MELLORES INVENTOS (E OUTROS INCRIBLES ACONTECEMENTOS)
    BERTA DÁVILA
    O Concurso dos Mellores Inventos está a piques de comezar e o premio é nada menos que un millón de billetes. A profesora Calista Parada, eminente científica, está convencida de que a súa bicicleta para viaxar no tempo non ten rival, pero as cousas non serán tan doadas como espera. De calquera xeito, coa axuda da súa amiga Begoña López (unha directora de cine pouco convencional)...
    Disponibilidad 3-10 días

    12,95 €

  • NAVE
    SENDÓN, OLAIA
    Néboa fixo dezaseis anos hai pouco e abúrrese mortalmente na clase do profesor Nogueira. Tampouco pode deixar de pensar en que lle acontecería a Noite, a súa amiga que acaba de morrer. Polo resto, a vida de Néboa é moi normal, ou todo o normal que pode ser a vida de alguén que naceu nunha nave espacial e forma parte dos últimos cen mil superviventes da raza humana. ...
    Disponibilidad 2-3 días

    13,50 €

  • A VIAXE DE MEU PAI
    PEREIRA BUENO, FERNANDO
    Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado na fronte durante u...
    Disponibilidad 2-3 días

    22,95 €

  • A REDE BRANCA
    MORGAN, PACO
    Ambientada na cidade portuaria de Úrvida (que se pode identificar con Vigo), «A rede branca» é unha trepidante novela negra cunha estrutura coral formada por catorce personaxes protagonistas que van entrelazando as súas historias para debuxar un regueiro de cocaína que, como nunha carreira de remudas, circula desde restaurantes de luxo até patios de prisión. Un narcotraficante ...
    Disponibilidad 2-3 días

    14,50 €

  • A NOITE DAS CEBOLAS
    ANEIROS DÍAZ, ROSA
    Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa p...
    Disponibilidad 2-3 días

    17,95 €

  • METAFORA DA METAFORA
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    «Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, en última instancia, sobre o poder da palabra nunha meditación sobre o amor sancionado pola tradición literaria masculina e sobre a necesidade de inventar novos paradigmas. ...
    Disponibilidad 2-3 días

    12,95 €

  • A SOIDADE DAS NENAS
    BEIZANA VIGO, MIRIAM
    Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante. Esa unión medrará con elas nunha relación amorosa de cimentos fráxiles, pero a incógnita da desaparición atormen...
    Disponibilidad 2-3 días

    13,95 €

  • A CASA DO AMO
    A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo». A súa mensaxe ecoa aínda hoxe en diferentes movementos supostamente transformadores nos que se deixa de lado unha crítica en profundidade ás estruturas coloniais e racist...
    Disponibilidad 3-10 días

    18,95 €

  • O TREN FANTASMA
    ORUÑA, MARÍA
    A Alan no lle gusta ir para a cama. Para axudalo a durmir, o seu pai decide lerlle un conto moi especial: «O tren fantasma». Cando Alan queda durmido con el entre as mans... esperta dentro do tren da historia! E as pantasmas serán o último dos seus problemas: montañas máxicas, tormentas terribles, amazonas con espadas... Vaia aventura agarda por el! ...
    Disponibilidad 2-3 días

    12,50 €

  • VARETAI. PROTECTORA DE ESPIRITOS
    DE EVAN, ALBA
    Lía é unha rapaza especial, dende cativa é capaz de ver os Vareti, espíritos elementais que protexen o mundo. Cando as cousas comezan a se torcer na vila, decátase de que algo non vai ben. Quen está provocando desastres Quen son eses seres que apareceron de súpeto Xunto con Brisa, a súa inseparable amiga, tentará solucionar a desfeita antes de que cobre dimensións épicas. ...
    Disponibilidad 2-3 días

    12,50 €

  • A SOMBRA CAZADORA
    DE TORO, SUSO
    Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento en que teñades d...
    Disponibilidad 2-3 días

    12,95 €

  • 831-URB
    LÓPEZ RODRÍGUEZ, MANUEL
    «831-urb» é un exercicio arquitectónico de ambiente ciberpunk onde o ser humano cre recoñecerse. Este libro de poesía foi gañador do XXVI Premio Johan Carballeira. ...
    Disponibilidad 2-3 días

    12,95 €

  • O LEGADO DA NENA DO SAL
    GALLEGO, ELENA
    Cando Inés lle prometeu á nai ler os seus cadernos e escribir o libro da súa vida non podía imaxinar o alcance dese legado. Ao abrir o primeiro manuscrito, a memoria devolveulle a imaxe de Carmiña, trinta anos máis nova, escribindo sen parar sobre a mesa da cociña. Inés sabía que se lle presentaba unha oportunidade irrepetible e fixou a ollada na caligrafía coñecida, coma se as...
    Disponibilidad 2-3 días

    21,95 €

  • FINXIMENTOS
    PÉREZ REI, MARIÑA
    Nené baila unha danza de resistencia ao redor de Heinrich, nunha escena de xadrez que os volve invisibles. Os dous sobreviven nun mundo en crise, nun teatro de máscaras onde nada é o que parece e a identidade se torna un xogo, un intercambio efémero entre bambolinas. Asalariados, estafadores ou grandes cínicos, os dous deambulan na procura dunha esquina limpa na costa galega p...
    Disponibilidad 2-3 días

    17,95 €

  • ABONDA CON VIVIR
    DOPICO, MONTSE
    Unha biografía feita con retallos da memoria que gardaron de Luísa Villalta persoas que formaron parte da súa rede afectiva. Unha análise literaria, sociolóxica e histórica que percorre todas as mulleres que foi Villalta. Un diálogo, con forma de reportaxe, coas súas amizades para tentar explicar quen era Luísa e por que escribiu o que escribiu. ...
    Disponibilidad 2-3 días

    12,95 €

  • AS MATEMATICAS MAIS SORPRENDENTES
    SACO, FERNANDO
    O leitmotiv deste libro son os resultados matemáticos que chocan coas nosas ideas intuitivas previas e que nos producen sorpresa, admiración e asombro. Neste texto atopamos curiosas respostas a moi variadas cuestións, entre as que figuran a estatística, as xeniais ideas de Cantor sobre o concepto de «infinito» ou as maxistrais e máxicas solucións de Euler a moitas «series numér...
    Disponibilidad 3-10 días

    15,50 €

  • CHOVE!
    VEIGA, RAMÓN D.
    Miñoca adora a choiva, pero ningún dos seus amigos está disposto a mollarse para xogar con ela. Ben, se cadra hai alguén a quen non lle molesta que chova... Adiviñas quen é? Prepara o chuvasqueiro e mergúllate nesta nova aventura dos teus personaxes favoritos! ...
    Disponibilidad 3-10 días

    12,95 €

  • REFUGALLO O ESPANTALLO
    ALONSO GASALLA, IRENE
    Comba é unha nena moi espelida e moi peculiar. Acompañada do seu gato Chosquiño, gústalle recoller materiais de refugallo para darlles unha nova vida: fai lapiseiros cos frascos de mel, xoieiros con caixas de ovos e casas de bonecas con cartóns de leite. O seu desexo é recompoñer o vello espantallo que o pai ten na horta da casa, pero non vai ser sinxelo, xa que os «bocapodres»...
    Disponibilidad 3-10 días

    12,50 €

  • ADELINE
    SOLAR, MARIA
    Adeline é unha homenaxe a Carmilla, a primeira vampira literaria, escrita vinte e cinco anos antes de Drácula. Laura vive desde nena agoniada por un estraño don que posúe: ve mortos. Durante anos leva unha vida solitaria no pazo familiar da contorna de Verín. Cando medra, a ansiada vida universitaria en Madrid tampouco é o que esperaba. No regreso estival ao pazo, Laura atopa u...
    Disponibilidad 2-3 días

    12,95 €

  • POETIZATE
    ALONSO, FRAN
    Cunha concepción desenfadada e rebelde, «Poetízate», a coñecidaantoloxía poética feita por Fran Alonso, converteuse, desde a súapublicación, nunha ferramenta de referencia para achegar a poesía ámocidade.E é que a poesía non é aburrida, nin cursi, nin difícil. Estaantoloxía demóstrao, con poemas seleccionados para as persoas que nonestán afeitas a ler poesía e con códigos QR qu...
    Disponibilidad 3-10 días

    13,50 €

  • (G).FERIDA IMAXINARIA, A.(NARRATIVA)
    BERTA DÁVILA
    «A ferida imaxinaria» conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco tempo para que se produza unha eclipse solar total, pero ningunha das protagonistas ten un interese especial no fenómeno. As catro están mergulladas na súa propia escuridade. Un acua...
    Disponibilidad 2-3 días

    17,95 €

  • (G).ESPERTA DO TEU SONO.(NARRATIVA)
    RONTANO, LOLA
    «Esperta do teu sono» toma como motivo central o conflito da mina de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños, para presentar en clave de intriga unha ficción que mestura ecoloxía, desobediencia civil, loita pola terra e solidariedade entre comunidades rurais e urbanas. Entre misteriosas mortes e vellos rancores, Vila Amparo, un porto de mar da Costa da Morte, será testemuña da paul...
    Disponibilidad 2-3 días

    19,50 €

  • (G).ANIMAL CHAMADO NEBOA, UN.(NARRATIVA)
    COSTAS, LEDICIA
    A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir....
    Disponibilidad 2-3 días

    19,50 €

  • (G).WOMBO COMBO.(MERLIN 11 ANOS)
    PAULA CARBALLEIRA
    Sara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre... Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo «Wombo Combo». Sar...
    Disponibilidad 2-3 días

    12,95 €